Cartas al director

A casa onde eu nascín

Era o último día de novembro de 1941 cando eu viñen o mundo na rúa do Progreso, tamén chamada General Franco, e en aquel entón no número 66, que estaba situada xusto enfrente a gasolineira de don Ramón Pérez Rumbao, e que logo de varios anos pechada e deshabitada agora unha empresa de construcción escomenza a sua restauración.

Supón para min unha doble satisfacción e alegría, por unha banda que a casa  fora constuida polo meu avó "o Bartolo", e pola outra que esto vai supoñer que nha das zonas máis abandoadas do "Progreso" voltará a emerxer coa reconstrucción da vella casa. 

Viñeron a miña memoria o recordo dos veciños que en aquela casa vivían.

-No baixo da mesma estaba o almacén de rodas e recauchutado de don Xosé María.

No primeiro piso o matrimonio Rafael Heras e os seus fillos Chon, Blanquita, Beatricina, Carlos e José Luis.

-No segundo vivía eu cos meus pais, Juan e Manolita, meus avós Francisco e Manoela e os meus tíos, Paco Bartolo e Pilar.

-No terceiro piso estaban don Xosé e dona Elisa, pais de Pepe Posada, de Marieli e os seus irmáns "os Cuquis".

-No cuarto piso vivían dona María e a súa sobriña Celsa; piso que a min dabame moito medo entrar, pois no que hoxe chámase salón había unha imaxen da Virxe de tamaño natural que impuña moito respeto.

-Por último no quinto vivía o matrimonio de Antonio Bobé e a súa dona Mary coa súa filla Lurmary, ademáis de Gerardo e Sara.

Estou vendo aínda o baixo de caramelos de Bernavé Vecino e logo tamén comercio de Calzados Bambini, o bar Blanco, que ademáis de bar vendía os billetes da "Empresa Marca".

De alí tamén saía a "Empresa da Competencia" e moito preto a línea do "Auto Industrial".

Familias como Os Montes, Prieto Salgado, los García Hermida eran veciños próximos.

O máis interesante de este meu relato, non son as persoas, que si son, senón que espero e desexo de todo corazón que a reconstrucción da casa sexa o motor que impulse que esta zona do Progreso contaxie o rexurdimento dás outras casas valeiras, e acaden todas o esplendor e vida que naquel intre tiveron.