Cartas al director

Cataluña é España

n  n  n  Visto o fracaso político de ambos gobernos, a cidadanía española ocupa o seu lugar reclamando diálogo.  A actuación do Goberno do Estado no referente a Cataluña non é adecuada, e o procedemento para soluciona-lo problema non é o correcto.

Non se entende que dada a gravidade da situación o señor Rajoy teña pechado o Congreso ata novo aviso, e esixe para dialogar que o Goberno da Generalitat volva á "legalidade". Estou de acordo con el, mais o señor presidente Rajoy ten que devolverlle a Cataluña a legalidade que lle corresponde en virtude do seu Estatuto.

Se censurable é o sucedido no Parlamento de Catuña, tamén o é a actuación desmesurada das forzas da Garda Civil e Policía Nacional.

Lémbrase o señor Rajoy quen recurreu o Estatuto catalán ante o Tribunal Constitucional?

Sabía o presidente que aquel Estatuto estaba aprobado polo Parlamento catalán?

Non sabía Rajoy que o Estatuto estaba plebiscitado en referendo legal polos cidadáns de Cataluña?

Recorda que os 14 artigos anulados polo Constitucional, son os mesmos que Rajoy autorizou na Comunidade Valenciana?

Volver á legalidade a Cataluña, si, pero ó Goberno do Estado tamén.

Non me gustan as bravatas e actuacións do presidente do Goberno catalán, e penso que non haberá declaración de independencia, pero tampouco me gusta a actuación dun presidente do Estado que non da a cara, que se esconde tras os xuices e fiscais, e que leva ignorando ó pobo catalán durante anos.

A solución inevitable deste problema está no "diálogo, diálogo e máis diálogo", así o indicou a nosa cidadanía pero sin Rajoy nin Puigdemont, xa que están totalmente desautorizados.