Cartas al director

Despois da moción de censura

Unha vez dimitido ante o rei don Mariano Raxoi, desatóuse no Partido Popular unha feroz loita pola súa sucesión, solución que non chegará máis que coa rexeneración do PP. Voltas e máis voltas a dicir, que a moción non foi tal, senón máis ben un "golpe de estado", cando está apoiada por diputados da meirande parte de tódolos partidos e legais representantes dos cidadáns.

Pasada esta primeira fase, os populares arremeten contra o legal presidente Pedro Sánchez, dicindo que non foi votado polos electores, que o Governo formado, a pesares das condicións persoais, están supercalificados para intentar resolvelos actuais problemas, entre os que sobresale o "tema catalán" enquistado dende a recollida de firmas polo Partido Popular e levado ó Constitucional, que fallou sobre diversos artículos aprobados polo Parlamento de Cataluña e consentidos nembargantes ó Partido Popular de Valencia.

Deberían tomar nota "os populares" e seguilo exemplo do actual presidente, que dimitiu de deputado, paseou tódolos rincóns de este país, gañou as primarias 'o mesmo tempo que a moción de censura.

Está moi doido don Mariano Raxoi, elexido sucesor polo dedo do señor Aznar que agora ofrécese para rexenerar o centro dereita de este país que está dividido. Ante os graves problemas que nos atañén deben os populares facer unha oposición leal e non desleal, e non se esquezan que agora os únicos que poden convocar eleccións son os actuais governantes, a cabeza dos que está o actual presidente Pedro Sánchez, elexido legalmente.

O partido que máis aprobou por "decreto" foi o Partido Popular e estes non poden esquencer que Pedro Sánchez tamén o pode facer e de feito no seu primer Consello de Ministras-Ministros, adoptou interesantes medidas que poden favorecer ós nosos cidadáns, e que é o único que necesitamos, polo ben dos pensionistas, dos nosos fillos e dos nosos netos.