Cartas al director

No pasamento do nosos full

Pido perdón a aqueles que pensen que me vou a referer a un ser humán. Full foi ata o 13 de maio un can de caza que nunca cazou, e que a pesares de todo tiña as cualidades xenéticas de estes animais e, a maiores, as propias de moitos seres humáns, polo bo e intelixente que era.

Naceu en outubro do 2004 na Torre de Rouzós, un pobo do concello de Amoeiro, e foi o froito dos amores da súa nai Chichí e o seu pai Full, animais abandoados por desaprensivos cazadores, naquel intre seus amos non os consideraron xa útiles.

Foi un daqueles oito preciosos "bracos". Os seus pais conviviron con eles algún tempo, ata que algún desalmado acabou coas súas vidas. Dende ese intre Full entrou a formar parte da nosa vida, sendo un membro máis para todos nos e o largo de cáseque catorce anos. 

En cada un dos recunchos do noso fogar, aparecese sempre a túa fermosa imaxen, nunca esqueceremos o teu cariño e a túa intelixencia.
Grazas por todos estes anos de felicidade que nos levas dado a todos nos.