Cartas al director

Quen era o Bartolo

Francisco Álvarez Rodríguez "Bartolo", foi persoa moi coñecida en Ourense e moi querida polos veciños do Barrio do Couto. Había nacido en Tiedra (Valladolid) en 1886, era fillo de Lázaro e Agustina. Logo de estar algún tempo cuns parentes en Montamarta (Zamora), e vendo que o seu futuro era moi incierto, optou por vir a Ourense, tan só con 14 anos, onde residían seus tíos Magdalena e Bartolomé, que tiñán unha tenda de ultramarinos na Rúa do Progreso e na casa máis antiga da mesma, pois data do ano 1840.

Co o "Bartoliño" chamado así polo seu físico miudo, a tenda gañaba cartos e foi mester alugar outro local máis amplo a carón da gasoliñeira de Ramón Pérez Rumbao. Para os seus tíos, Francisco erao todo e incluso foi o herdeiro por ser un matrimonio sen descendencia.
Casou con Manuela Fernández Mosquera, nacida en Tamallancos, da familia dos "Napoleóns", coa que tivo cinco fillos, Agostina, Francisco, Manuela, Barolomeu e María Pilar que é a que actualmente vive.

E como tantos outros casteláns, Andrés e Ignacios Tabarés, o seu irmán Ignacio Álvarez e a súa nai Agustina fixaron a súa residencia definitiva en Ourense.

O meu avó Francisco (O Papatito), aumentou o negocio de ultramarinos e adicouse a compra-venda de inmobres na "Finca Matos", abrindo as rúas Ensinanza, Goia e Xesús Soria, o que logrou no 1925.

A rúa ensinanza leva ese nome en honor o colexio erixido por don Francisco Villanueva Lombardero, amigo e valedor do "Bartolo".

Do meu avó, teño os meus recordos de infancia, de levarme de moi pequeno as Franciscanas, de ensinarme sentado nas súas rodillas "a tabla de multiplicar", no sillón da tenda de Ervedelo e de acompañalo "O cine Yago".

Nin o borrón da caída da casa do 1935 poideron con el e seguiu con máis forza que nunca. "Ese foi o meu avó".