Cartas al director

Maceda está decepcionada e indignada

Que decepción e indignación estamos a ter os macedanos cando comprobamos o que hai detrás do paso dado por Xabier Oviedo “afiliándose” ó PSOE, contra a vontade da organización local, e pondo de manifesto como entende e practica a política exclusivamente para as súas ambicións persoais e dando a espalda os compromisos adquiridos cos veciños e cos seus excompañeiros.

Xabier Oviedo tivo a fortuna de herdar un capital político de moitos anos de traballo feito por un equipo de persoas con ilusión e ganas e que incidiu na gobernabilidade de Maceda, xa fose cando estivo no goberno ou cando estivo na oposición. Tivo a sorte de presentarse á alcalde e saír a primeira. Polo tanto, foi quén de te r a oportunidade de administrar todo ese capital político nun contexto moi favorable, contando co apoio do goberno bipartito da Xunta e dun equipo de compañeiros que fixeron posible que moitos proxectos se converterán en realidade, foi a etapa da historia de Maceda na que se fixeron máis investimentos e se crearon máis servizos públicos dende o Concello.

Pero Xabier non foi quén de consolidar a súa organización como un Grupo cohesionado pola súa debilidade ideolóxica e pola falta de principios e valores que agora se poñen de manifesto, e a súa experiencia e práctica política valeulle para aprender o malo dela.

E, así comprobamos o engano e deslealdade que tivo estes últimos anos co proxecto que representaba, sen importarlle nin os veciños nin os compañeiros.

O grupo que xa abandonou Xabier sempre se moveu en base a unhos principios e valores, dignos e éticos cunha marca ideolóxica clara e ben definida, participamos nas institucións democraticamente aceitando a responsabilidade dada polos veciños no goberno ou na oposición. O importante non é ser alcalde ou ter a maioría, sobre todo a calqueira prezo, o importante é mellorar as persoas e a súas vidas, e polo tanto non nos cremos aqueles que dicen que están a traballar para os veciños pero buscan acomodarse o “sol que máis quenta”, porque sinxelamente é mentira.

As persoas teñen a súa ética e a súa dignidad, incluso na política, e estas prácticas, teñen que ser rexeitadas contundentemente, sobre todo cando se fan como fixo Xabier, dende unha decisión individual, él solo, xa que foi o único que marchou, sen contar cos veciños e compañeiros, e sen valorar as consecuencias para todos, ofertándose o mellor postor e, volvendo a colocar a Maceda nas malas noticias. 

Isto prodúcenos un profundo malestar a veciños e excompañeiros, e nos recorda que xa pasou o mesmo fai agora 22 anos cando dende a dirección do PSOE se tomou a decisión de censurar a un goberno nacionalista ca axuda do PP e que acabou mal. Por iso entendo e me solidarizo ca concelleira Ana do aldraxe que se lle está a facer, que probablemente non se acabe producindo porque o psoe non vai cumprir cos compromisos con Xabier.

Os macedanos temos que acertar en apoiar aqueles que representan opcións democráticas, éticas que conten con principios e valores, só así se sairemos adiante!