Cartas al director

Copiará o PSOE as decisións de Manuel Valls?

Dende que Manuel Valls fora nomeado primeiro ministro francés por Hollande comenzou unha carreira de audaces reformas económicas, algunhas das cales o Partido Socialista francés rexeitara cando chegara ó poder presionado pola ala máis radical e os sindicalistas, pero que retomou tra-la debacle das eleccións europeas. Entre esas decisións están a aprobación da rebaixa das cotizacións sociais ós empresarios por un valor aproximado de 30.000 millóns de euros e a reducción á metade das rexións, aínda que iso é outra historia. Como unha patada nos fuciños ós nacionalistas.

Non estaría demáis que a nova dirección que vai surxir no PSOE tivera como espello a moderación dos compañeiros franceses e aprendera das súas experiencias á hora de plasmar a súa estratexia para recupera-lo poder. Deben alonxarse o máis que podan de todo o que "cheire" ó seu último executivo se queren ilusionar á cidadanía para que volva confiar nun partido que debe ser clave, pero sensato, porque se ve que no seu día non foron suficientes as "dúas tardes" de clases de economía que ía recibir o anterior presidente.