Cartas al director

Festa do Boi ou da Vaca

Non sabemos porque minten tanto coas súas demagoxias! Debemos de partir da base que ninguén fai a outro parvo, non hai máis parvo que o que pensa que os outros o son! A maior parte das persoas estamos capacitados para diferenciar as distintas clases de maltratos, xa sexa físico ou psíquico, sanguinhento ou non, por iso diferenciamos as touradas das chegas, dos correbous, dos embolados, da festa do boi, dos "Santos Fermines", do "toro de la Vega", da carreira de Calatrava cos cabalos, das outras carreiras con outros animais, etc.

Pero volvamos ao que está de moda, por desgraza, falar da Festa do Boi de Alhariz, festa para todos menos para o boi (que estaría melhor no prado ou inclusível na corte, que andar correndo atado no medio de berros da "xente" que conscientemente ou inconscientemente alí se atopan). Maltrato é obrigar a alguén a facer algo que non quere, face-lo porque si. Supomos que nos dirán: "Preguntade-lhe ao boi se quere ou non, a ver o que vos di?", e nós contestariamos-lhes: "Ponde-vos no seu lugar, e xa no-lo contades".

Falan de tradición e que repercute economicamente no concelho; non o dubidamos, pero que este governo de Alhariz, chamado progresista e de esquerdas, que consensúa cos vecinhos se queren "a festa ou non", este governo de laicos, que se fundamenten nun-a tradición relixiosa (onde os cristiáns ridiculizan aos xudeus e aínda por cima empregan un animal), estes "iluminados" que se manifestan en contra doutros "malos tratos" e a favor da ecoloxía e da paz (Nunca Máis, Non á Guerra, etc,), xa lhes vale! Moitas veces temos falado con xente de Alhariz e facendo-lhes a pregunta: "Esta festa fai-se porque a levantou o BNG, que se a chega a levantar daquelas o PP, estarian-se manifestando en contra, por maltrato animal e por ser un-a movida relixiosa?" …, ninguén nos contestou!
Correde vós - deixade aos bois!