Cartas al director

O cine da Ramallosa

É unha das salas cinematográficas de outros tempos, onde vou dende hai moitos anos. Ben acondicionada, con un numeroso patio de butacas, sonoridade perfecta, dous palcos e unha panorámica pantalla.

O seu prezo é razoable e as películas que se proiectan o longo da semana en dúas función diarias son super ben elexidas e de inmellorable calidade. A última á que asistín foi "Maria by Callas" en torno á vida e ós avatares da famosa cantante, quen nos brindou o mellos dos seus éxitos, asemade da súa vida privada, ata a sua morte.

En pantalla aparecen anuncios como os de antes: prohíbese comer pipas ou outras golosinas que poidan perturbar ós espectadores, así como pregan sexan apagados os móviles.

A pracidez dos asistentes amósase no seu silenzo e concentración o longo da proyección e, é tal que unha vez rematada a función, as persoas son reticentes a levantarse dos seus asentos, e dispoñense a sair con un pauso e lento caminar.

Unha vez na porta de saida, un empregado, acomodador da empresa, fainos entrega dun prospeto daqueles de antes, anunciando a próxima película. Para os "novos" e unha novidade asistir a este cine, e, para os "non tan novos", unha glamorosa volta ó pasado.