Infraestruturas

Executadas as obras para mellorar a rúa da Capela en Larouco

Esta actuación conta cunha dotación de 60.000 euros da Consellería de Infraestruturas e Vivenda

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda executou no concello de Larouco obras de acondicionamento da rúa da Capela, na parroquia de Freixido. Esta actuación realizaouse no marco do convenio de colaboración asinado co alcalde de Larouco, Joaquín Bautista, cunha dotación de 60.000.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, acompañada do rexedor e da xefa territorial de Infraestruturas e Vivenda, Alicia López Míguez, supervisou os traballos de reforma desta vía. Para a súa mellora, fíxose necesaria a demolición e reposición do pavimento de formigón e a reparación das deficiencias detectadas no sistema de pluviais e de abastecemento, que evitará que se formen bolsas de auga.

Díaz Mouteira explicou que coa rehabilitación deste espazo público, "mellórase a accesibilidade e seguridade da rúa e renováronse os servizos de abastecemento e pluviais deteriorados, incidindo na seguridade viaria de peóns e condutores".

Te puede interesar