PHOTOCALL

Actividade física a diario

O programa Móvete 15´, quince minutos de actividade física ao día, integrada no horario escolar para combatir a obesidade, o sedentarismo e a falta de atención na aula, é todo un éxito no colexio Ceip Curros Enríquez de Celanova.

O programa Móvete 15´, quince minutos de actividade física ao día, integrada no horario escolar para combatir a obesidade, o sedentarismo e a falta de atención na aula, é todo un éxito no colexio Ceip Curros Enríquez de Celanova. O centro educativo estaba preocupado pola elavada porcentaxe de alumnado que vive en pequenas poboacións rurais, é dicir, moi poucos nenos/as para interactuar fóra do horario escolar, a esto hai que añadir as dificultades para desprazarse á actividades extraescolares pola tarde. A consecuencia directa é un excesivo sedentarismo infantil con moi pouca actividade física e moita, demasiada, televisión. A idea deste programa, que levan a cabo dende o mes de setembro, xurdiu gracias a un artigo dun colexio escoces de educación primaria.

No Ceip Curros Enríquez de Celanova realízano sempre á mesma hora de 11:10 a 11:25 entre a primeira e a segunda sesión. Cando comeza a soar a música, despois da primeira sesión lectiva, baixan ao patio de xeito ordenado todos os estudantes de educación infantil e primaria e os seus mestres, teñen libertade para elexir cada día que actividade física realizan (correr, camiñar, bailar...) Só teñen dúas normas: 1. Hai que moverse, 2. Non poden confundilo co recreo. Ao finalizar a música regresan as aulas en fila e continúan coa rutina establecida. Os resultados xa son visibles, como consecuencia de este programa afirman que o nivel de atención e de rendemiento na aula é maior que antes. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?