Imprimir

Unha andaina para espertar a sensibilidade social

Redacción | 05 de Diciembre de 2017

Imagen de la ruta.
Imagen de la ruta.

A comunidade educativa do colexio Maristas participou nunha ruta solidaria ata o Castro de Santomé

O colectivo Apamar, Asociación de Pais de alumnos do Colexio Maristas, organizou hai uns días unha andaina solidaria aberta a toda a comunidade educativa. Sumaban preto dun cento de participantes, entre pais, alumnos, profesores e amigos que se citaron en Oira para tomar rumbo ao Castro de Santomé. Alí descansaron e repuxeron forzas antes de ser testemuños das explicacións que lles brindou Javier Limia Gardón sobre o conxunto arqueolóxico. Pasada a unha do mediodía, regresaron, culminando así un percorrido dun total de 8 quilómetros. Todos xuntos compartiron un ágape ao que se sumaron familiares dos asistentes.

Os participantes na actividade colaboraron coa aportación dun quilo de comida a favor da Asocación Social 10%, que se distribuirá durante a Campaña de Nadal de dita entidade. O 10% é unha asociación solidaria que comezou a súa andaina no colexio Maristas en 1973 para espertar a sensibilidade social dos nenos e mozos e levar a cabo accións solidarias na cidade.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/xornal-escolar/andaina-espertar-sensibilidade-social/20171205180946752780.html


© 2019 La Región

© La Región S.A.

Contenidos con licencia Creative Commons