COLE A COLE

Aprendizaxe dinámica

CELANOVA (IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO). 08/01/2018. OURENSE. Fotografías para el suplemento de La Región, "Xornal Escolar" en el IES Celanova CELSO EMILIO FERREIRO. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera As aulas son amplas e están pefectamente equipadas no IES Celanova Celso Emilio Ferreiro.

O IES Celanova Celso Emilio Ferreiro é un centro aberto, inclusivo e activo que forma e prepara estudantes para o futuro

Si os celanovenses se senten orgullosos de algo, é sen dúbida do seu patrimonio artístico e do seu Mosteiro. Este Mosteiro, O Mosteiro de San Salvador, exactametne no Claustro do Poleiro é o que na actualidade alberga as dependencias do IES de Celanova. 

O IES Celanova Celso Emilio Ferreiro aposta por unha aprendizaxe participativa e aberta á comunidade escolar e ao contexto cultural e social da vila de Celanova. Asemade, pretenden que sexa rica en experiencias académicas e actividades extraescolares, cunha variada oferta das mesmas, e orientada ao futuro, ao integrar as TIC en moitos dos seus procesos educativos. 

CELANOVA (IES CELANOVA CELSO EMILIO FERREIRO). 08/01/2018. OURENSE. Fotografías para el suplemento de La Región,

Coa finalidade de mellora a calidade educativa este centro educativo integrouse nos Contratos Programa optando por traballar en dúas liñas:

1. Reforzar as competencias matemática e lingüística cun tempo de dedicación semanal fóra do horario lectivo. 

2. Capacitar ao alumnado para enfrontarse co mundo tecnolóxico nunha actividade extraescolar denominada Deseño e impresión en 3D. 

Na procura dunha aprendizaxe que facilite ferramentas para a autoconstrución do propio coñecemento o claustro decidiu fomentar a lectura e a mellora das habilidades comunicativas desde a biblioteca, xa case decana no PLAMBE, preparando campañas de animación dunha ampla variedade de ámbitos curriculares. Neste curso, a guerra e a paz son pretextos para un feixe de actividades que perseguen un mellor coñecemento da poesía, a narrativa, a historia, o cine, a banda deseñada e ata a música de carácter bélico ou pacifista e que, alén diso, permiten traballar destrezas e capacidades como a procura e selección da información, o espírito crítico, a autodefinición da sensibilidade e o gusto estético. 

Dentro do Plan Proxecta, procuran: 

1. Sensibilizar o alumnado cara a defensa do equilibrio natural reflectido na análise dos procesos meteorolóxico, ao tempo que se desenvolven actitudes e habilidades esixidas polo método científico (observación, perseverancia, rigor…). A tal fin tamén participan no programa Meteoescolas.

2. Educar integralmente os individuos, facendo fincapé en hábitos de vida sá que se traballan dentro do Proxecto Deportivo de Centro.

3. Desenvolver diversos aspectos da intelixencia emocional a través da música co proxecto de centro Musicoterapia.

O Ies de Celanova é un centro moi activo e dinámico, están a traballar en varias actividades extraescolares, tanto de carácter deportivo (viaxe á neve) como cultural (visita a exposicións “Pergamiño Vindel”, “Suevorum”), rutas literarias por Ourense e bisbarra, ademais de visitas a diferentes empresas do contorno.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar