MEDIO AMBIENTE

As árbores causan danos na rúa Progreso de Ribadavia

O Concello pide axuda técnica á Deputación para acabar cos problemas que xeneran na vila 

O Concello de Ribadavia solicitou á Deputación Provincial de Ourense axuda técnica para solucionar o problema xenerado polas árbores situadas na rúa Progreso. As raíces están esnaquizando as beirarrúas, afectan ás canalizacións dos servizos básicos, e teñen tanta altura que os veciños temen que se poda acceder ás súas vivendas trepando por elas, ademais de restar visibilidade ao tráfico.

Tratando de evitar non volver a cometer os erros que se produciron ao colocalos nesa zona, solicítase o apoio do Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación, para que leven a cabo un informe técnico coa valoración oportuna das accións e medidas a tomar, segundo manifestan os responsables municipais. Unha vez sexa determinada a actuación a realizar, pídese tamén que se sinale a súa viabilidade, sempre en cooperación co Concello de

Ribadavia, a través dunha colaboración económica ou medios físicos e técnicos. 

O Concello quere saber se é posible trasplantar as árbores a outras zonas e cales son as adecuadas para esta rúa.n

Te puede interesar