Nenos e nenas de Salvour falarán para o programa escolar dos múltiples beneficios da natación
Esta semana, o programa Xornal Escolar de Telemiño centrarase especialmente nunha actividade tan saudable e divertida como é a natación. Conchi e o seu equipo acompañaron hai uns días a un grupo de nenos e nenas do colexio Salesianos ao pavillón de Os Remedios. Con eles compartiron unha divertida mañá de deporte na auga.
LATRICAR
Nesta sección, un grupo de nenos e nenas, todos eles deportistas de Salvour, Club de Salvamento Acuático de Ourense, falarán dos múltiples aspectos positivos da natación, do moito que lles aporta esta modalidade deportiva e do beneficiosa que é para a saúde en moitos aspectos.
PRENSA
A sección prensa desta semana gravarase na Asociación Xuvenil Amencer, onde nenos e nenas lerán o Xornal Escolar de La Región e comentarán aquelas novas que máis lles chamen a atención.
AUGAESCOLA
A sección semanal de Viaqua, AugaEscola, corre a cargo dos Ecovixiantes de Franciscanas, que serán os encargados de presentar todos os coñecementos que teñen sobre o ciclo da auga. Será sen dúbida unha parte do programa do máis interesantes, onde podremos apreciar o moito que coñecen os escolares diversos aspectos relacionados coa auga e o seu ciclo en Ourense.
ESCOLA DE FAMILIAS
Os mocos. Este será o tema central desta sección. O experto en fisioterapia e respiración infantil, Iván Prada, falará da importancia da prevención e a limpeza diaria dos mocos coa axuda dunha persoa adulta, "saúde respiratoria", unha disciplina da que se falará moito no futuro.