PROGRAMA TELEMIÑO

Augaescola achega segredos da auga

Os escolares de Baños de Molgas len o xornal e latrican ao aire libre de camiño aos Milagros

O programa Xornal Escolar desta semana centrarase especialmente na celebración do magosto. Nesta ocasión, as cámaras de Telemiño desprazáronse a Baños de Molgas para ser testigos da gran festa de outono que organizaron no centro de Educación Infantil e Primaria. 

Ademais de celebrar o magosto e troulear polos Milagros, os escolares mantiveron unha actitude moi activa ante as cámaras de Telemiño e coincidiron en sinalar o divertida que foi esta experiencia e xa están desexando poder ver o programa que se emitirá este sábado, a partir das 14,00 horas.

LATRICAR

A sección "Latricar" desta semana centrarase nas celebracións do magosto. Os escolares do CEIP Baños de Molgas contaron como celebran esta tradicional festa nas súas casas, cos seus veciños e tamén cos seus amigos. Todos sinalaron o moito que lles gusta esta festa e incluso un alumno asegurou que na súa casa este día de festa aínda está por chegar xa que realizan unha celebración conxunta entre matanza e magosto.

As bocas de rego centrarán esta semana a sección de Viaqua

AUGAESCOLA

A sección desta semana de Viaqua consistirá nunha nova entrega de "Sabías que...?", nas que os expertos Marián e Santi respostan a unha serie de pregunstas sobre o ciclo urbán da auga na cidade, eso si, despois de que previamente, os escolares comentaran ante as cámaras o que eles entenden por determinados temas relacionados con esta materia. Esta semana,  as respostas xirarán en torno ás "Bocas de rego", tomas de auga conectadas directamente á rede de abastecemento.

MÁIS EN TELEMIÑO

O sábado, ás 14,00 horas emitirase íntegramente o programa en Telemiño.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?

xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma