urbanismo

Boborás aproba modificacións do seu plan urbanístico

Eva Pardo, concelleira de Move, considera que o goberno do PP pretende facer unha modificación puntual na Almuzara para intentar cambiar a calificación do solo onde ten o alcalde a súa casa, que agora é rústico

A oposición de Boborás (Move e Xuntos por Boborás) votou en contra dunha modificación de crédito por importe de 18.500 euros para facer frente ao gasto de redacción da modificación do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal). Eva Pardo, concelleira de Move, considera que o goberno do PP pretende facer unha modificación puntual na Almuzara para intentar cambiar a calificación do solo onde ten o alcalde a súa casa, que agora é rústico. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia xa anulara o plan na Almuzara, tras a denuncia da oposición. 

O PP asegura que hai que facer varias modificacións do PXOM, entre elas, a delimitación de núcleo de Almuzara,"que por sentencia xudicial foi anulada e temos que facer unha novamente para que así quede o PXOM totalmente aprobado".

Te puede interesar