INFRAESTRUCTURAS

Boborás investirá 53.000 euros nos camiños rurais

photo_camera Cipriano Caamaño conversa coa conselleira Ángeles Vázquez.

A cantidade será empregada para adecuar e poñer en valor as pistas do seu territorio

O Concello de Boborás investirá este ano 53.700 euros na mellora das súas infraestruturas agrarias. A conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, confirmoulle esta cifra ó alcalde, Cipriano Caamaño, no transcurso dunha reunión que celebraron onte en Santiago. Esta cantidade, idéntica á recibida o ano pasado por este Concello, servirá para financiar obras de adecuación e posta en valor de pistas no seu territorio.

Alcalde e conselleira analizaron tamén a colaboración en materia de prevención e loita contra os incendios forestais. Entre 2016 e 2017 o Concello recibíu 80.000 euros para financiar labores en infraestruturas preventivas, tratamentos silvícolas e dotación de brigadas de prevención e extinción e na reunión de onte planeouse a continuidade desta cooperación no futuro.n

Te puede interesar