MONTERREI

Camiño do foxo dos lobos

foxo_rios3_result
photo_camera Imaxe que recolle o espectacular Foxo dos Lobos da Serra da Urdiñeira, en Riós.

O Concello de Riós vén de rematar a posta en valor dunha ruta que remata na fronteira co seu veciño municipio de A Gudiña e nunha paraxe histórica, agora rehabilitada: o foxo dos lobos da Serra da Urdiñeira. 

Foi alá polos mediados do século dezanove cando a escopeta comezou a popularizarse na caza dos animais salvaxes, como podería ser a do lobo. Ata entón, e dende ben séculos atrás, os homes -na súa grande medida- buscaban alternativas inxeniosas e que, como é este caso, comportaban algún risco para a integridade física. Algunhas desas artes están dende hai uns días postas de novo en valor no Concello de Riós, que vén de completar a sinalización, restauración e limpeza do foxo dos lobos, na localidade de Pedroso, aínda que moi perto do término municipal de A Gudiña e da aldea desta última, Parada Seca. 

David Pérez e Celso Hugo Barba foron os dous arquéologos que, cun investimento próximo ós 30.000 euros, foron quen de convertir a ise percorrido histórico noutro reclamo turístico máis do concello que preside Francisco Armando Veiga. Ó longo duns catro kilómetros sinalizáronse roteiros, ata chegar á propia construción do foxo, precedido dun par de paredes que formando a representación dunha unha uve converxen no oco ó que acababa caíndo o lobo logo de ser intimidado ata alí por centos de persoas que participaban nas diferentes batidas organizadas. 

A remodelación dese conxunto   arqueolóxico contemplou tamén a colocación de tres representativas esculturas obra do artista ourensán Toño Monteiro. Nelas queda reflectido o que acontecía na Idade Media, onde alá polo ano 900 xa aparecen documentadas unhas prácticas de caza que se estenderon ata cáseque o século vinte. Estas tiñan como finalidade levar ó animal ata o boqueiro do foxo, onde no peor dos casos lle agardaban unhas aguilladas cravadas no fondo que o esfolaban ata morrer. 

Sen embargo, non eran os máis habituais, como explica o arqueólogo David Pérez: "Nin tan siquera chegaban a tirarlle pedras, que podía haber casos, porque aquí os monteiros preferían levalo vivo e exhibilo como se fose un trofeo. Non esquezamos que séculos atrás as aldeas estaban moi poboadas e no caso destas batidas era esixido que alomenos un membro de cada casa participase nelas, polo que se tornaban moi concorridas e logo festexadas cando se retornaba delas", di o arqueólogo.n 
 

Te puede interesar