O RIBEIRO

Catro proxectos finalistas nos XVIII Premios COAG de Arquitectura de Galicia

20190314202342931_result
photo_camera A vivenda modular de Laias, en Cenlle, un dos proxectos finalistas.

Optaron 155 propostas executadas entre xullo do 2016 e xullo do 2018

Catro proxectos da provincia de Ourense figuran como finalistas da XVIII edición dos Premios COAG de Arquitectura, do Colexio de Arquitectos de Galicia, que contou coa candidatura de 155 propostas visadas, executadas e finalizadas entre o 31 de xullo do 2016 e o 31 de xullo do 2018. 

Un dos proxectos seleccionados é o relativo ao "Proceso de participación cidadá para a mellora da calidade ambiental e a mobilidade; pacificación do tráfico e integración da bici no centro urbano de Ourense", de Paula Feijóo Calviño e Emma Noriega García, "Móvete X Ourense". Tamén quedaron finalistas dúas vivendas, unha modular en Laias (Cenlle), de Manuel Jorreto Díaz, e unha unifamiliar, en Pazos de Ambía (Baños de Molgas), de Adolfo Rodríguez de la Rúa, Juan Aragonés y Pablo Álvarez.

Ademais, figura entre os finalistas a exposición "Os mundos de Carlos Casares", en Xinzo de Limia, actual exposición permanente no Museo do Entroido, de Juan José Creus Andrade e Covadonga Carrasco López, "Creus eCarrasco Arquitectos".

Para facer públicos estes prestixiosos galardóns da arquitectura galega máis destacada do momento, o Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará unha gala de entrega de premios o vindeiro 29 de marzo no Teatro Jofre de Ferrol, ás 20,00 horas.

Te puede interesar