VERÍN

O ciclo de charlas sobre o Medio Ambiente chega ao seu remate

O vindeiro sábado 3 de decembro, ás 18,00 horas, terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín a última xornada temática sobre o Medio Ambiente

O vindeiro sábado 3 de decembro, ás 18,00 horas, terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín a última xornada temática sobre o Medio Ambiente, en concreto sobre o Pasado, Presente e o Futuro Do Parque Natural Do Invernadoiro. Devandita iniciativa está organizada pola Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio, coa colaboración do Concello de Verín.


Nela participarán como poñentes a presidenta deste colectivo, Nieves Amado; o que fora no seu día conselleiro de Agricultura nun dos gobernos de Manuel Fraga, Cástor Gago, e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, o xeógrafo catalán con ascendencia galega, Valerià Paül.

Te puede interesar