EMPLEO

A CIG reclama que 35 traballadores de Verín pasen a ser indefinidos

A transformación das relacións laborais temporais evitaría firmar contratos anualmente e permitiría cobrar a antigüidade 

A Confederación Intersindical Galega (CIG) presentou no Concello de Verín unha reclamación de Conflito Colectivo solicitando ao ente local que transforme as relacións laborais temporais, por obra ou servizo e eventuais por acumulación de tarefas, dos traballadores de certos servizos municipais, en relacións laborais indefinidas, de carácter fixo descontinuo ou de carácter parcial.

De aplicarse a diferenza, estes traballadores non terían que estar asinando contratos temporais todos os anos cando comezan as campañas ou cursos, senón que o Concello tería a obriga de chamalos a traballar cando comecen as campañas ou cursos, por seren empregados permanentes aínda que con prestación de servizos discontinua. Ademais, poderían cobrar o complemento de antigüidade.

A CIG considera que nesta situación "irregular" atopanse polo menos 35 traballadores do Conservatorio, a Escola de Artes e Oficios, Deportes, Escola de Familia, Brigada de Incendios ou Escola de Gaita e Danza. 

A situación destas persoas ven de longo, "mais non é menos certo que, tras tres anos de mandato do novo grupo de goberno, non se fixo nada por regularizar a este colectivo de persoal", subliñan dende a CIG, que esperan que no prazo dun mes o Concello responda a súa demanda. "Se non a resposta, como fai decote, presentarémola tamén no Xulgado", advirten.

Te puede interesar