VERÍN

O Concello de Verín, obrigado a negociar quendas dos policías locais

Dende o Concello deberán elaborar un proxecto de cadro anual de horarios e vacacións dos axentes da policía local, engadindo ademais a previsión de reforzos

O Concello de Verín vén de ser condenado polo xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense a negociar os calendarios laborais da policía local coas centrais sindicais, logo de teren estimado o recurso que no seu día presentou ante os tribunais o sindicato nacionalista CIG.

Segundo informa a formación frentista, o Concello deberá de elaborar un proxecto de cadro anual de horarios e vacacións dos axentes da policía local, engadindo ademais a previsión de reforzos que poidan levar aparellados os días de eventos especiais previsibles de antemán.

Tamén quedará o grupo de goberno obrigado a someter a trámite de consultas e negociación colectiva ese proxecto, con reunións que faciliten a posibilidade de alcanzar un acordo. Haxa ou non pacto, ese cadro deberá ser aprobado polo órgano municipal competente.

Te puede interesar