Os concellos do Ribeiro fanse cargo do coidado do Camiño Miñoto

20171220223510729_result
photo_camera Alcaldes e representantes municipais da Asociación de Concellos do Camiño Miñoto-Ribeiro na reunión de Ribadavia.

Agardan completar para o verán a tramitación necesaria para solicitar o recoñecemento oficial

Onte tivo lugar unha das reunións periódicas que realizan os alcaldes dos concellos que forman parte da Asociación de Concellos do Camiño Miñoto-Ribeiro. O seu reto é conseguir o recoñecemento e homologación do camiño como Ruta Xacobea, no que están en proceso de trámite.A organización, creada ca finalidade de documentar, recuperar e catalogar o camiño, non cesou no seu empeño de obter este tan merecido logro desde o seu nacemento.

O primeiro punto tratado neste encontro foi chegar a un acordo unánime no que cada concello se fai responsable da limpeza, mantemento e coidado da zona do camiño que pasa pola súa zona. Ademáis, tamén deberán realizar una señalización a través do percorrido do mesmo e encargar un estudo do trazado perimetral correspondente. Aproveitaron esta reunión para realizar tamén trámites administrativos como a aprobación das contas.

O obxectivo que se impuxeron nesta ocasión é conseguir que os trámites poidan finalizarse para o verán do próximo ano, aínda que non todo está nas súas mans. A intención final é que para o Xacobeo de 2021, a ruta xa estea homologada.

Este camiño ten o seu inicio en Braga, Portugal, e, seguindo o camiño da Vía Nova romana, entra en Ourense pola fronteira de Portela do Home e atravesa os concellos de Lobios, Boborás, Padrenda, Vedra, Ribadavia, Pontedeva, Arnoia, Beade, Leiro, Forcarei, Cortegada, Castrelo de Miño, Entrimo, Boqueixón e Beariz. A documentación existente foi remitida ó Servicio de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia en canto foi posible reunila toda, contando ca colaboración dos historiadores Castor Pérez e Xosé Ramón Estévez. 

Te puede interesar