Na activiade participaron preto de 200 personas
Preto de 200 persoas, entre escolares, profesores, convidados e representantes públicos citáronse no CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós, primeiro; e na Cidadella, despois, para participar nunha xornada de concienciación contra os lumes que recentemente arrasaron parte do municipio.
A primeira das citas, foi no propio colexio ao que acudiron como convidados especiais escolares do CEIP Carmen García Carrasco de Cenlle e do CPI de Maside. Alí visionaron o documental "Como me fai sentir o lume", guionizado pola directora do centro anfitrión, Rochi Nóvoa e gravado polo cineasta galego Xosé Bocixa, co que se procuraba concienciar da traxedia que rodea cada ano aos lumes. Con moitos aplausos, así rematou a proxección que a bo seguro non deixou a ninguén indiferente.
Minutos despois todos os escolares cos profesores remataron a xornada cunha excursión pola fervenza da Cidadella, onde xantaron ao aire libre e gozaron dun inchables.