celebración

Os conductores honrarán mañá a San Cristovo na lonxa local

<p></p>
photo_camera Una de las ediciones de la fiesta.

A festa comezará ás 10 horas cunha exposición na que estarán presentes varias marcas coas súas novidades

Mañá día 7 de xullo Verín celebra a xa tradicional Xuntanza de Conductores na honra de San Cristovo. O evento terá lugar na zona do recinto da Lonxa Agropecuaria e nos arredores do Barrio de San Antón. A festa comezará as 10 da mañá cunha exposición de stands na zona do recinto da Lonxa Agropecuaria na que se exporán varias marcas coas súas ultimas novidades no sector. A charanga Fuego será a encargada de amenizar aos asistentes que ademais contarán con servizo de bar e pulpeira.

Ás 16,30 horas dará comezo o tradicional desfile de Camións Engalanados polas rúas de Verín que rematará ás 18,00 horas cunha misa e procesión na honra do patrón San Cristovo e daqueles compañeiros que xa non se atopan entre eles.

Ás 19,00 horas a charanga Fuego volverá coa súa música e comezarán os sorteos de regalos e a entrega de premios aos participantes. Haberá tamén colchonetas e actividades para os máis cativos. Ás 20,30 horas a charanga deixará paso a discomóbil A Gramola que actuará ata a hora da cea, ás 21,30 horas.

Te puede interesar