MONTERREI

Unha conferencia sobre os incendios abrirá o venres a Feira de Outono

O investigador do CSIC Serafín González falará sobre "Incendios forestais: a marea negra dos montes galegos"

A terceira das edicións da feira do outono de Verín terá este ano un comezo concienciador. O vindeiro venres, ás oito da tarde e tendo como escenario a carpa do propio certame feiral na praza García Barbón da vila, desenvolverase unha conferencia, que pronunciará presidente da Sociedade Galega da Historia Natural e investigador do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG) do CSIC, Serafín González Prieto, e que levará por título “Incendios forestais: A marea negra dos montes galegos”.
González Prieto, autor de 62 artigos en revistas científicas, dos cales 23 están centrados nos incendios forestais e os seus efectos nos chans, además de prolífico escritor, falará da magnitude e as causas do problema, así como das consecuencias, tanto directas como indirectas, que teñen os lumes. A continuación, analizará os impactos sobre o medio que produce a súa extinción e, para rematar, falará da rexeneración natural dos ecosistemas e das actuacións post-incendio que deben de levarse a cabo.

Agosto negro na comarca

O pasado mes de agosto foi un dos máis críticos dos últimos anos no que a rexistro de lumes se refiere. O devastador incendio do día 3, que mesmo provocou un corte do tráfico rodado na autovía A-52, deixou centos de hectáreas queimadas e situou a Verín nas cabeceiras de todos os informativos.n

Te puede interesar