O mundo do teatro entregou os premios María Casares nunha gala que se celebrou na Coruña

'Un cranio furado', o mellor espectáculo da escea galega

Entrega do premio a 'Un cranio furado'. (Foto: )
O Teatro Rosalía de Castro acolleu onte a noite a gran festa da escena galega, coa cerimonia de entrega dos XV Premios de Teatro María Casares, organizados pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A gala, un ano máis, celebrouse na Coruña, o lugar de nacemento da que foi filla predilecta da cidade, María Casares. Máis de 550 persoas, entre actores, actrices, autores, produtores, músicos, bailaríns, directores e demais profesionais de todas as ramas deste sector, non se perderon a cita co teatro galego.
O espectáculo stivo dirixido por Carlos Sante e Juanillo Esteban, con dirección musical de Gastón Rodríguez e idea orixinal e guión, de Willy Éter. A cerimonia mobilizou a máis de 70 profesionais.e foi presentada por Gonçalo Guerreiro e Pedro Brandraiz, caracterizados como o Doutor Crisè e o seu axudante Casemorro, acompañados de artistas como o escocés Johnny Melville.

Un dos momentos máis emocionantes da cerimonia foi a entrega a Xan Cejudo do Premio de Honra Marisa Soto. O coruñés, premiado na súa cidade, amosouse moi agradecido e emocionado por este galardón co que a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) quixo recoñecer a longa traxectoria deste 'mestre de mestres' e máis a súa singular contribución á profesionalización do teatro en Galicia.


AXUSTES ECONÓMICOS

Pola súa parte, na súa intervención, o presidente da AAAG, Antonio Durán 'Morris', apuntou que 'os axustes económicos nos investimentos que fai o Goberno a través a Consellería de Cultura poñen en serio perigo todo o conseguido ata hoxe. Rebaixar nun 20% o investimento nos nosos espectáculos suporá para moitas compañías e moitos profesionais ter que colgar o cartel: 'Suspéndese a función'.

'Hoxe' ?sinalou Morris- 'cando máis deberiamos pensar en como salvar o tecido cultural deste país, con todo o que iso implica, parece que xa todos nos contaxiamos dese gran debate que é a Cidade da Cultura: Contedores e Contidos, onde xa non sabemos cales son os contedores, cales os contidos, ou se os propios contedores pasan a ser contidos'.

Te puede interesar