reportaje

Dereitos para as árbores en Xinzo

Medio cento de persoas participaron en Xinzo nunha xornada a prol dos dereitos das árbores, organizada polo colectivo Amig@s das Árbores da Limia. Os ecoloxistas pediron máis protección para as distintas especies.  

Amig@s das Árbores quixo reivindicar unha vez máis a protección das especies arbóreas en todos os recunchos da comunidade galega. O colectivo promoveu unha xornada en solidariedade coas árbores que comezou na avenida de Celanova, lugar emblemático para este colectivo que conseguiu parar a tala de máis dun centenar de plátanos deste vial. 

Alí Lola Peláez, de Amig@s das Árbores, reclamou a execución das obras da avenida e criticou o feito de que, dende as distintas administracións, non dean información sobre o estado do proxecto - dende a Consellería de Infraestruturas e, co obxectivo de non talar os plátanos, decidiron reformulalo -. "Nos dicen que se está reformando pero no nos han explicado nada más, a pesar de que hemos reclamado información", asegura Peláez." Nos gustaría verlo, o tener algún detalle más al respecto. Desde el Concello de Xinzo nos contestaron explicándonos que la cesión del vial se hará una vez que esté la obra terminada, pero consideramos que tendrían que pasar a ser municipales los dos tramos que componen la avenida de Celanova, ya que el segundo también tiene árboles, y no es oportuno que se pierdan", engade.

Os ecoloxistas desprazáronse posteriormente á Praza Xoán XXIII, coñecida tamén como "praza dos Ovos" e que alberga media ducia de plátanos en aparente estado de deterioro. "Estes plátanos padeceron unha sucesión de podas agresivas e, a través delas, enfermaron debido a que lles entraron bacterias e fungos,ocasionándolles necrose", explicou Xosé Santos, de Amigos das Árbores."Cando ocorre esto, as árbores acaban enfermando pero antes de cortalas polo pé, do mesmo xeito que se nós collemos unha gripe imos ao médico, existen arborícultores, forestalistas e biólogos que poden curalas", engade. 

Precisamente sobre esto último versou a carta que leron os membros do colectivo sobre os Dereitos das Árbores nas cidades e vilas, e á que pedirán a adhesión dos diferentes concellos galegos. O escrito recoñece que as cidades, as vilas e o conxunto da terra precisa das árbores como elemento esencial para garantir a vida. Por outra banda, recolle que o desenvolvemento das árbores debe darse en toda a súa plenitude e que os ecosistemas naturais deben ser valorados, planificados e xestionados. Os ecoloxistas defenden que as especies arbóreas melloran as condicións de habitabilidade no medio urbano, un factor que é determinante na calidade de vida nas cidades e vilas. 

O acto rematou coa plantación dun pradairo na Praza Xoan XXIII de mans dunha cativa.

Te puede interesar