ENTREVISTA

Edi Diaz: “Os traballadores sociais somos moito máis que simples xestores de recursos"

Dibujo
photo_camera Edi Díaz González.

Edi Díaz González é o responsable da área de Traballo Social no Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso

O Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso, entidade sen ánimo de lucro nada en 1990 en Lodoselo, e que aborda distintas cuestións de índole social como son a orientación laboral, a integración ou a atención a persoas dependentes ou en risco de exclusión social da comarca de A Limia. A sede do CDR en Lodoselo ven de acoller unhas xornadas sobre o Emprendemento e Traballo Social no eido rural, promovidas polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia e nas que participaron uns 40 profesionais do sector. 

Cal era o obxectivo fundamental destas xornadas?

O obxectivo foi, principalmente, facer profesión, reivindicar a importancia do traballo social e intercambiar impresións sobre a situación actual do mesmo en diferentes partes de España. Nas xornadas participaron profesionais procedentes de cidades como Salamanca ou Madrid. 

Cal é a súa labor dentro do CDR?

Facilitar que as persoas que viven no ámbito rural teñan mellores condicións de vida. Esto é, por exemplo, máis autonomía para acadar un emprego, ou acceder a recursos temporais de emerxencia. Eu encárgome de facer os seguimentos e os informes pertinentes, entre outras moitas cuestións. 

Cre que fan falla máis traballadores sociais no rural en xeral e na comarca en particular?

Sí. Estou convencido de que precisamos máis profesionais do ámbito social. Hai moito traballo por facer no rural no que atinxe á educación familiar, moitas persoas que se atopan en situación de illamento, como é a xente maior, e colectivos, como o de inmigrantes, que teñen unhas necesidades específicas que hai que atender. Trataríase dunha inversión social, non dun gasto social. 

Con cantos traballadores sociais conta a comarca da Limia a día de hoxe?

Nos 11 Concellos, entendidos como administracións, hai 12 traballadores sociais. Sarreaus e Trasmiras comparten este profesional do mesmo xeito que Os Blancos, Calvos de Randín e Baltar. Na Cruz Vermella hai outra persoa e despois estaría eu, seremos uns 15. Penso que un único profesional por Concello é pouco, pero tamén é certo que falla un pouco a coordinación. Deberiamos ter reunións máis a cotío para abordar proxectos comúns. 

A canta xente atendeu o CDR durante o pasado 2016?

Unhas 3.000 persoas participaron nos nosos distintos programas. Da comarca e tamén de fóra dela.

Que é o mellor deste traballo?

Ver que a xente que agradece o teu traballo non se paga con diñeiro. É un reforzo positivo e emocional que temos as persoas que cremos nesta profesión. Non só somos simples xestores de recursos, somos moito máis. 

Te puede interesar