HIPERACTIVOS

Un "encerado" inspirou a máis de 300 novos talentos

relato1_result
photo_camera As probas escritas realizáronse o venres 10 de marzo.

A 10ª edición do concurso de Coca-Cola de relatos curtos celebrouse hai uns días en Galicia

Máis de 300 de mozos e mozas participaron en Galicia  na proba escrita da 10.ª edición do Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto, organizada por Coca-Cola. As probas, que se realizaron o venres 10 de marzo en toda Galicia, tiveron como principais estímulos de inspiración un «encerado» e unha frase. 

Este ano, o alumnado de 2.º da ESO de Galicia que concursou na proba, recibiu ao comezo un encerado que tiña unha frase. Dita frase pon en valor o labor do profesorado ao longo de toda a historia deste concurso e sobre todo na vida dos participantes. Desta forma, os escolares tiveron que inspirarse, sobre a marcha, tanto no encerado como na frase que a acompañaba, que dicía «Profe: Pasaporte ao Futuro».

A partir de aí, os participantes tiveron dúas horas para darlle renda solta á súa imaxinación e elaborar un breve relato propio, que non debía exceder os dous folios polas dúas caras.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?