CONGRESO CAMPUS PONTEVEDRA

Un encontro para estreitar lazos entre deporte e saúde en Pontevedra

Por segundo ano consecutivo, a saúde súmase á denominación deste congreso internacional, anteriormente do Deporte e da Educación Física

Un enfoque multidisciplinar, no que teñan cabida as investigacións e innovacións en rendemento deportivo, educación física, nutrición, prevención de lesións ou actividade física saudable constitúen o eixo en torno ao que cada ano se articula o Congreso Internacional de Ciencias do Deporte e a Saúde, que entre os días 27 e 29 de abril celebrará en Pontevedra a súa décimo terceira edición. Conferencias, talleres e a presentación de investigacións combinaranse ao longo de tres xornadas nun evento organizado polo Concello de Pontevedra, a Vicerreitoría do campus, o Departamento de Didácticas Específicas da Universidade da Coruña e a asociación Sportis Formación Deportiva, no que a organización agarda reunir a máis de 300 expertos, profesionais e estudantes, segundo destaca o director xeral do seu comité organizador, Victor Arufe.

Por segundo ano consecutivo, a saúde súmase á denominación deste congreso internacional, anteriormente do Deporte e da Educación Física, que busca reunir tamén as achegas de profesionais e investigadores dos eidos da medicina, a enfermaría ou a fisioterapia. “Ampliamos o nome porque desde hai tempo vense valorando a actividade física como un medicamento que axuda a moitas patoloxías”, engade neste senso o presidente do Comité Organizador, José Luis García Soidán.

Te puede interesar
Más en Universitas