aulas abertas

Entrevista na radio a un Home do Sedeño

arzua2
photo_camera Un intre da entrevista gracias á que coñeceron moito mellor a estes personaxes da Festa do Boi.

Os escolares do CEIP Padre FEijóo participan en varias actividades didácticas relacionadas coa popular Festa do Boi de Allariz

Escolares de 5º de Primaria do CEIP Padre Feijoó participaron nunha actividade incluída no marco da próxima celebración da Festa do Boi. Deste xeito, escolares do centro alaricano están a participar en diversas propostas relacionadas con esta tradicional festa. 

Nesta ocasión, consistiu nunha entrevista a un Home do Sedeño, concretamente a Xosé Manuel "Chelle", que respostou a todas as preguntas que os escolares prepararon previamente e que forman parte das actividades que organiza a Asociación Xan de Arzúa.

Escolares e convidado citáronse en Radio Allariz para así compartir con todos os veciños as curiosidades e tarefas dun Home do Sedeño. Estes personaxes son os que suxeitan o boi cunha corda durante as carreiras. Teñen varias funcións, pero unha das principais é levar amarrado o boi co sedeño, para guialo polas vías establecidas nas carreiras, evitando que saia do percorrido.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?