SEGURIDADE

Equipos de excarcelación para catro grupos de emerxencias

Están destinadas aos GES de Avión, A Gudiña, Castro Caldelas e Ribadavia

A Xunta está a reforzar a capacidade de resposta dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) co obxectivo de mellorar a seguridade dos cidadáns. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, participaron onte no acto de entrega de equipos de excarcelación aos GES de Avión, A Gudiña, Castro Caldelas e Ribadavia, xunto con outros concellos da comunidade galega.  

O custo dos equipos ascende a 350.000 euros e a súa entrega se enmarca , segundo o vicepresidente, "nun investimento que se está a facer nos últimos anos para mellorar a dotación e os medios dos distintos profesionais das emerxencias de Galicia". Case tres millóns de euros foron destinados a equipamento de última xeración para a intervención en emerxencias no caso dos GES. 

Con esta dotación, "os Grupos de Emerxencias Supramunicipais de Galicia contan cun equipamento básico común" tal e como subliñou o vicepresidente Rueda, que inclúe unha pick up, un remolque para emerxencias, un equipo de excarcelación e outros instrumentos específicos en función das singularidades da zona , como material de loita contra a vespa velutina, lanchas de rescate ou aparellos quitaneve. La labor de estos grupos es fundamental para solventar cualquier incidente o emergencia.

Te puede interesar