ENTREVISTA

Adolfo Nogueira Campo: “Estarei ao carón de Paco e se decide deixalo, valorarei a situación"

O CARBALLIÑO (PRAZA MAIOR). 04/02/2018. OURENSE. Retrato de Adolfo Nogueira, concelleiro en el Concello de O Carballiño . FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Adolfo Nogueira, novo secretario local do PSOE, portavoz e conselleiro.

Novo secretario local do PSOE en Carballiño

Adolfo Nogueira foi nomeado o pasado mércores, por unanimidade da militancia, novo secretario local do PSOE carballiñés. Fai unha valoración da actuación do goberno local e do PSOE a nivel municipal e provincial.

Que se sinte ó ser o mellor candidato para a militancia? 

Síntome agradecido por poder desempeñar un cargo e afrontar un reto tan grande axudando ó partido. Intentarei, como mínimo, igualar a testemuña dos que viñeron antes ca min, facendo que Carballiño sexa o Concello que mellor soporta as adversidades dentro da provincia de Ourense.

Cal é a dirección deste novo equipo? 

Manter e aumentar, si se pode, o contacto ca cidadanía. Considérome un absoluto namorado do meu pobo e por iso creo que temos que manternos preto da xente. Escoitar os seus problemas e demandas e facer que haxa unha liña o máis curta posible entre goberno, partidos políticos e veciños, e dar pronta resposta as dificultades que vaian xurdindo, é o obxectivo.

Cómo describiría o traballo realizado nos últimos anos? 

Creo que espléndido. Estamos nun pobo que podemos dicir que non é de esquerdas na súa totalidade, tendo como proba os resultados electorais a nivel local, provincial e autonómico. Sen embargo, dos últimos 24 anos, 20 foron de goberno socialista. O Carballiño vai aguantando moi ben as adversidades; comparado con outras vilas que perden poboación e calidade de vida, somos un pobo dinámico e vivo e estamos recuperando pouco a pouco cousas como o matadoiro ou o termalismo.

Augura un goberno socialista como resultado das próximas municipais? 

Eu son moi precavido para esas cousas, quen ten que decidir iso é a xente. Creo que, en xeral, hai satisfacción entre a cidadanía comparado cos catro anos anteriores, que foron máis parados ou escuros en canto a avance e progreso. A última palabra é do pobo, e ás veces apróbase ese exame que temos que pasar cada certo tempo, e outras non.

Plantéxase ser candidato para a alcaldía nun futuro? 

É un tópico que decimos todos, pero ó final é así, eu vou a estar onde a xente do meu partido me poña. De momento temos un gran alcalde como é Paco Fumega e vou estar ó seu carón en todo momento mentras queira seguir. Cando decida deixar o posto, valorarei a situación. Coma min hai moitos preparados para ocupar esa plaza.

Que opina dos resultados obtidos por Pachi Vázquez? 

Eu aprendín moito del acompañándoo dun lugar a outro durante esta campaña e creo que é un referente do socialismo galego. É un home tan coñecido que pode entrar na casa de calquera con total confianza. Para min eso é un modelo político, pero haberá a quen lle guste máis e a quen lle guste menos. 

Te puede interesar