CONGRESO

Expertos e investigadores participan hoxe en Allariz no congreso ForoBoi 700

Este congreso forma parte do programa deseñado pola asociación Xan de Arzúa, organizadora da Festa

O Fogar dos Maiores de Allariz acollerá ao longo da xornada de hoxe o congreso ForoBoi 700, unha das iniciativas que conforman a programación deseñada con motivo da tradicional Festa do Boi, que este ano cumplirá os 700 anos de historia. O congreso está organizado pola Asociación Cultural Xan de Arzúa, en colaboración co Concello alaricano e a Facultade de Historia da Universidade de Vigo.

Ao longo da xornada pasarán polas dependencias do Fogar dos Maiores investigadores e expertos, que protagonizarán ponencias e mesas redondas arredor de temas como o Allariz medieval, a xustificación histórica da Festa do Boi ou a Festa como ferramenta pedagóxica, entre outros aspectos.

Ás 09,00 horas terá lugar a recepción dos asistentes ó Congreso e ás 09,15 horas procederase á súa presentación, na que participarán Francisco García, alcalde de Allariz; Antonio Blanco, historiador e membro da Asociación Cultural Xan de Arzúa, e Virxilio Rodríguez Vázquez, vicerreitor do Campus de Ourense.

Este congreso forma parte do programa deseñado pola asociación Xan de Arzúa, organizadora da Festa, co que pretende que 2017 sexa un ano cargado de actividades culturales que afiancen o coñecemento da dimensión histórica da Festa do Boi.

Te puede interesar