O suceso tivo lugar en torno ás 18:00 horas, cando un traballador caeu dende 3 metros de altura
Unha persoa resultou ferida ao caer dunha altura de tres metros cando traballaba na tarde deste venres no lugar de Piñeiro, en Lugo. Segundo informou o CAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar minutos antes das 18,00 horas, momento no que se trasladou ao lugar un equipo de Urxencias Médicas. Pola súa banda, o persoal do 112 Galicia informou aos axentes da Policía Nacional e aos membros de Protección Civil da cidade. |
|