XORNAL ESCOLAR

Festa e encontro coas mascotas caninas

Ourense 14-10-2017, centro comercial, actividad niños
photo_camera O Centro Comercial Ponte Vella converteuse nun espazo único da diversión.

A gran celebración infantil de Ponte Vella ofreceu xogo, música  e sorpresas para todos os nenos e nenas ourensáns

Son moistas as actividades que se suceden estes días no Centro Comercial Ponte Vella para conmemorar o seu 16º aniversario. Entre todas as propostas organizadas, moitas delas están pensadas especialmente para os máis cativos da casa.

Este foi o caso da recente Gran Festa Infantil que este pasado sábado reuniu a numerosos nenos e nenas. Durante a celebración contaron coa visita das mascotas caninas máis famosas da televisión e tamén compartiron xogos, discoteca cun dj e moitas máis sorpresas coas que os nenos e nenas viviron unha tarde do máis divertida.

As actividades continúan durante todo o mes cunha programación especial de obradoiros.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar