As mostras do Outono Fotográfico arrancou hai xa un mes a súa 30ª edición, que está composta por ata 116 mostras, cada unha delas coas súas características e resposta pola parte dos visitantes ourensáns

A fotografía manda no outono

O Outono Fotográfico chega este ano á súa 30ª edición cun total de 116 exposicións nas que se poden ver os traballos de 473 fotógrafos, e que foron acollidas nun total de 92 espazos, como galerías de arte, casas da cultura e da xuventude, bares, cafeterías, igrexas e a mesma rúa.
O tamén chamado Festival de Fotografía de Galicia atópase na metade do camiño desta edición, xa que se desenvolve dende outubro ata decembro, polo que aínda queda moito por mostrar ós amantes da imaxe. Pero durante este tempo xa se deixou ver cales foron as exposicións máis relevantes en Ourense. Por exemplo, o presidente do colectivo Anacos da Cidade, Miguel Doval, salientou 'Camino Negro', do fotógrafo vigués Jorge Lago, unha mostra que, ademáis das 20 obras das que está composta, destaca a orixinalidade do lugar na que está exposta, xa que se atopa na igrexa parroquial de San Pío X de Mariñamansa.

A técnica do Museo Municipal de Ourense, Eva Torres, afirmou que neste espazo van ter lugar un total de seis exposicións, divididas en dúas partes. Desta primeira parte, Torres destacou 'Ao cabo', do fotógrafo galego Juan Louro, unha mostra que contou 'cunha gran afluencia porque un total de 945 persoas e 12 visitas guiadas achegáronse a ver as obras. O Museo xa prepara a segunda parte, con interesantes novidades das que informará estes días.

Pola súa banda, o director do Centro Cultural da Deputación, Francisco González, destacou a mostra das obras que resultaron seleccionadas na 9ª edición do premio bienal de fotografía Purificación García, 'que acaba de chegar a este espazo -xa que foi inaugurada o pasado xoves- e que no seu primero día recibiu a 370 visitantes'.

Na Sala Alterarte, o fotógrafo José Paz fixo fincapé na exposición do asturiano Germán Gómez, que leva por título 'Condenados', unha mostra que chama a atención porque se 'trata de tres obras a tamaño real de varias persoas, cosidas entre elas'.

Te puede interesar