Os gandeiros fórmanse en seguridade laboral

A acción desenrolada en Xinzo busca mellorar as condicións de traballo 

Un total de 80 persoas participaron onte nunha xornada técnica de seguridade e saúde laboral en explotacións gandeiras desenrolada polo Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral no instituto de educación secundaria Cidade de Antioquía, en Xinzo.  
A finalidade que dende a institución autonómica pretendían non foi outra que "proporcionar aos gandeiros as ferramentas que permitan mellorar as súas condicións de traballo reducindo os niveis de risco nas execución dos mesmos e incrementando a súa seguridade laboral". 
Este curso supuxo a derradeira das 23 xornadas técnicas realizadas pola Consellería de Medio Rural ao longo do presente exercicio.  Entre os aspectos que se destacaron na xornada de onte salientaron, entre outros, os riscos de seguridade e a utilización de equipos de traballo; os riscos do ambiente de traballo e o uso seguro de substancias e mesturas; as enfermidades profesionais nas explotacións de gando vacún; e a prevención de trastornos musculoesqueléticos (TME) para traballadores do sector de gando vacún.

Prevención de riscos laborais

Na xornada informouse sobre as últimas publicacións realizadas polo ISSGA nos eidos da prevención de riscos laborais en explotacións de gando  e en prevención dos transtornos musculoesqueléticos nestas explotacións.

Técnicos do ISSGA expuxeron aos asistentes o contido destes documentos e deuse resposta ás dúbidas e cuestións relacionadas con esta materia.Tamén se lles fixo entrega de diverso material formativo e informativo que ten editado este Instituto autonómico e dirixido aos traballadores e traballadoras do sector primario, de notable peso económico e social na comunidade galega.

Te puede interesar