Delegado provincial da Consellería de Educación

Gonzalo Iglesias Sueiro: ‘É inviable que os comedores escolares cheguen ó cen por cen da poboación’

Gonzalo Iglesias Sueiro, no seu despacho da Delegación de Educación. (Foto: Miguel Ángel)
Convencido de que a ‘educación cambia Ourense’, Gonzalo Iglesias Sueiro realiza un balance ‘altamente positivo’ dos tres anos que leva como delegado da Consellería de Educación na provincia e concreta as actuacións pendentes de realizar.
O curso escolar comezou con críticas por parte dos sindicatos referentes á falta de profesorado.

En Infantil e Primaria o curso iniciouse con normalidade, salvo casos puntuais, pois tivemos obras en 72 centros en periodo non lectivo e houbo que facer un gran esforzo organizativo e ténico para poñelos en marcha. As alteracións de horarios escolares son puntuais e despreciables dende o punto de vista estadístico. O número de profesores en xeral foi normal. En Secundaria e Bacharelato é máis complexo o sistema de adscripción do profesorado e pode faltar nalgúns centros. Con todo, se incrementou o número de profesores (27 en Infantil e Primaria, e tres en Secundaria), pero hai quen renuncia, interinidades e sustitucións que se fan os primeiros días do curso. Polo tanto, o 90% dos centros está ben dotado de profesorado, incluso co descenso que hai de matriculados na ESO (-3%) e Bacherelato (-3,2%) -en Infantil e Primaria na cidade e na provincia incrementáronse un 2,7 e un 10%, respectivamente-.

Con todo, ¿é suficiente o número de prazas para atender a demanda?

De momento en Infantil entra o 93% do alumnado no centro de primeira opción. Na provincia ascende ao 100%. Aínda hai un número superior de oferta á demanda na capital. A inversión en mellorar as instalacións multiplicouse por dous en tres anos. Construimos un novo colexio de Infantil e Primaria en Barbadás e temos previsto facer un novo centro de doble liña que sustitúa ao de Barrocás (con só unha liña), que esperemos que esté licitado nun mes como máximo. Ampliamos o Antón Faílde para impartir alí estudos superiores de Deseño. Se adquiriu a escola de Prácticas para adecuala á demanda dun dos barrios máis populosos da capital. Tamén realizamos melloras no 12 de Octubro e no Otero Pedrayo.

Pero está pendente a cons trucción dun instituto en Barbadás.

Creo que podrá ser unha realidade unha vez que o Concello entregue os terreos á Xunta. Entón nós faremos os procedimentos para a súa financiación e construcción.

¿Que melloras académicas encontrará o alumnado?

Agora a provincia ten o 100% de cobertura en banda ancha nos IES e no 90% nos CEIP. Este ano se poroá en marcha un ciclo de producción dentro da familia de Imaxe e Sonido e da oferta educativa de A Farixa, en colaboración co Concello de Ourense (impartirase nos locais que o Concello puxo a nosa disposición en San Francisco, xunto á escola de Artes Escénicas. Tamén creamos seccións delegadas da Escola Oficial de Idiomas en Carballiño (Inglés), Verín (Inglés) e O Barco (Francés e Inglés). E temos un órgano artesanal no Conservatorio que nos permite dar clases deste instrumento, o que singulariza a esta provincia.

Outras críticas refírense aos comedores escolares por falta de prazas e porque a Xunta aínda non asumiu a xestión de todos eles.

Se nos pide que en tres anos fagamos o que non se fixo en 30. É inviable que un servicio complementario chegue ao 100% da poboación. Cando o PSOE chegou ao goberno da Xunta había moitos colexios sen comedor, mentras que hoxe todos o ofertan na capital e puxemos unha axuda para aqueles que non o incluían de ata o 50% da minuta. Faltan oito centros, que seguen sendo xestionados polas Anpas e non quero adquirir un compromiso de prazos que podería considerarse electoral, ademáis é unha decisión do Goberno galego.

Este curso se imparte por primeira vez Educación para a Cidadanía, unha asignatura polémica.

Creo que se desviou a atención importante a un tema que debía estar asumido pola sociedade. E un área de formación que teñen a maioría dos países da UE. Non é un área de coñecemento distinta nin nova. En España, xa había libros de formación para a convivencia nos anos 20. Pero hai persoas cun pensamento único ás que lles molesta que se fale de temas que non entran no seu absolutismo ideolóxico, non admiten a relatividade. Cada centro ten libertade de elixir o material curricular que está no mercado e que os centros poden propoñer como soporte de estudos. É unha alarma artificiosa creada por razóns distintas ao interés dos cidadáns. Con todo, na provincia só houbo dúas obxeccións. É unha asignatura cada vez máis necesaria porque os códigos ideolóxicos non cubren as necesidades de relacións nunha sociedade plural. Ten que ser un código cívico e universal, cun común denominador plural na súa interpretación. Non é un lavado de cerebro nin algo que se faga por persoal designado polo goberno de turno, senon por profesorado. O sistema educativo está moi por riba dos gobernos de turno.

Hai poucos alumnos en Formación Profesional (FP), ¿por que?

O número de alumnado que temos en FP é moi baixo para a oferta que fai a Consellería e se pretende pasar dese 30% e chegar ao 47% da poboación. Neste curso temos matriculados 2.423 alumnos na FP, 1.082 nos ciclos de grao superior y 1.341 nos de grao medio. Sen embargo, no Bacharelato son 3.371 e na ESO 9.813. Ten mellor acollida socialmente o título universitario. Por elo, xa temos un segundo plan galego de F.P. en colaboración coa Consellería de Traballo dirixido non só a unha enseñanza regrada no sistema educativo senon ao conxunto do profesorado, cunha financiación de sete millóns de euros. Hoxe hai alumnos universitarios que rematan a súa carreira e que se matriculan nos ciclos de grao superior para insertarse laboralmente, pois o 80% dos alumnos que van a FP teñen acceso ao mercado laboral en menos de seis meses unha vez rematados os seus estudos.


Te puede interesar