Opinión

Gran cantidad de...

Seica caeu unha gran tromba de auga. Seica si. Normal; cando hai treboadas adoita cear gran cantidade de auga. Tamén os The Doors deixan caer unha gran cantidade de son e de boa música. O bo sería que alguén deixara caer unha gran cantidade de cartos, de diñeiro, de euros. Vale, tamén de cariño, si. É que algúns xa estarán pensando que vale máis un sentimento que todo o ouro do mundo. Algúns. É certo que hai sentimentos... que se senten. Así de sinxelo. Outros non senten nada e viven prosmeiros, en estado catatónico e sen saber que están nesta sociedade para cumprir o compromiso. Que compromiso? O de ter espírito para vivir? Hai quen tan só ten un simple espírito maligno na súa conciencia. O espírito maligno ten conciencia? Hai uns poucos que queren aniñar sobre o sentimento dunha rula que está aí, sobre o arame dunha melancolía que lle vén de máis alá dunha curta distancia. Hai gran cantidade de pasos entre unha ollada e unha palabra. Pero hai todo un sentimento entre un salouco e un latexo, entre un suspiro e unha palpitación. Algúns queren ter ou teñen xa unha gran cantidade de sentimentos. Tamén Lázar Berman sente o contacto dunha tecla do seu piano.

Te puede interesar