XORNAL ESCOLAR

Os idiomas, unha ensinanza estratéxica

photo_camera Ana Pérez, directora.

No CPR Vila do Arenteiro, o inglés impártese dende os 2 anos na Escola Infantil ata a Educación Secundaria

O CPR Vila do Arenteiro ten unha ampla oferta educativa que abarca dende os 0 aos 16 anos. Conta con amplos xardíns dotados dunha gran variedade de especies vexetais incluíndo unha sección con plantas aromáticas.

Un centro educativo con escola infantil, cales son las vantaxes deste servizo?

As vantaxes de contar con Escola Infantil fai que os pais poidan conciliar a vida familiar coa laboral xa que teñen no mesmo centro o servizo dende os 0 ata os 16 anos. Contamos cun amplo horario dende as 07.30 ata as 21.00 horas. Ademáis supón unha continuidade na formación dos nenos, xa que dende a escola infantil hai un seguimento cando pasan a educación infantil.

¿Cales son as directrices nas que traballa o equipo directivo?

Como equipo directivo centramos a nosa labor e esforzo en dinamizar, potenciar, facilitar e coordinar todos aqueles obxectivos xerais de centro, decisións e acordos que como claustro aprobemos e asumamos. As directrices que rixen o noso centro son: ofrecer unha atención educativa individualizada e de calidade aos nosos alumnos, adaptada ás súas características persoais e ritmos de aprendizaxe, permanecer en estreito contacto coas familias, dándolles un trato próximo, aposta pola innovación educativa, introducindo novas metodoloxías de aprendizaxe como as intelixencias múltiples, aprendizaxe cooperativa, clases invertidas, etc, entender o proceso de ensino-aprendizaxe como unha prolongación da vida familiar do alumno, dando cabida no proceso educativo ás súas necesidades psicoafectivas, atendendo á súa formación global como persoa.

¿En que proxectos de innovación educativa traballa o centro nas diferentes etapas educativas?

Foméntase no centro a participación dos alumnos nas probas de estímulo do talento matemático (Estalmat), promovendo a calidade educativa entre o noso alumnado. En secundaria estamos a incorporar en Matemáticas e en Física e Química a “The Flipped Classroom” ou Clase Invertida que é un método innovador de ensinanza onde se cambian os papeis coa axuda das novas tecnoloxías.  As clases teóricas son impartidas na clase, mediante vídeos coas explicacións que o profesor sube á rede. Na aula, o profesor comproba o aprendido con tarefas e reforza ou corrixe o aprendizaxe. O rol do profesor cambia,” os deberes” realízanse na clase e o alumno pode aprender ao seu ritmo.

Que actividades extraescolares ofrece o Cpr Vila do Arenteiro?

Aula de espera matinal dende as 7:30 da maña, transporte escolar, comedor con cociña propia, aula de espera pola tarde ata as 20.00 horas excepto os venres que é ata as 18.00. Tamén temos as actividades extraescolares de: Natación, Fútbol sala, Taekwondo, Baile latino, Piano, Ximnasia Rítmica, Guitarra Obradoiro de coiro, Obradoiro da natureza, Manualidades e Inglés en Infantil. Ao longo do curso os titores sempre organizan diversas excursións cos seus alumnos tanto dentro da comunidade autónoma coma fóra. E este ano os alumnos de 4º da ESO irán a Londres de excursión de fin de curso. Durante este curso no colexio celebramos moitas festividades como: o Samaín, o Magosto, o Festival de Nadal con diversas actuacións de todo o alumnado, Día da Paz, Día de San Valentín, Semana da ciencia co fin de promover actividades grupais...

A ANPA tamén realiza moitas actividades, brevemente, en que está a traballar?

A nosa actual ANPA destaca por ser moi activa e moi dinámica propondo actividades como charlas para pais e alumnos, cursos de fotografía, fomento da lectura, actividades solidarias e actividades lúdicas entre outras.

Marta Bernárdez, Presidenta da cooperativa

Entre as súas funcións podemos resaltar: información e asesoramento aos pais e alumnos no relativo a subvencións, becas, axudas e acceso a recursos; apoio á dirección do centro...

María Luz Cangado, Orientadora

Imparte clases de Galego en Educación Secundaria e é a orientadora do centro, fai especial fincapé no alumnado con necesidades educativas especiais asi como na educación vocacional e profesional.

Juan José Sanmartín, profesor de Ciencias Químicas

Docente en Secundaria de Matemáticas, Física e Química, Plástica e Informática. É coordinador das olimpiadas de Química e finalista como mellor blog de Aula no SIMO 2013.

Inmaculada Pña, logopeda

Encárgase da rehabilitación logopédica dos alumnos con calquera problema da linguaxe, tanto oral coma escrita, dende a escola infantil ata o último curso de secundaria.

Nélida Rodríguez, mestra de Educación Primaria

Leva 25 anos traballando no centro. Pertence ao equipo directivo, asume as funcións de secretaria dende fai máis de 15 anos. Neste tempo sempre foi unha persoa moi volcada no seu traballo e afectuosa cos seus alumnos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar