Juan Diz: Nas lembranzas dos tempos pretéritos

n n nFúcheste humildemente, soportando o dolor con dignidade, sen angustia, coa naturalidade de quen comprende a dualidade da existencia.
Vida e morte unidas nun abrazo eterno e inevitable. Compañeiro Juan, íntegro, comprometido e valente; sempre estará na miña memoria cando, en defensa dos servizos os cidadáns, asúmeche o risco de acompañar o condutor do camión de recollida do lixo. ¡Era importante que os veciños e o pobo non sufriran as consecuencias dunha folga sen xustificación! Coherente ata o final, republicano, progresista, alegre e solidario. A bandeira republicana que amortalla o teu ataúde e o símbolo perfecto da túa vida: Liberdade, loita e deber. Nunha corta existencia ti acadache metas que moitos non conseguen en longas vidas. Pero os amigos, compañeiros e veciños, saben que hoxe perderon algo moi importante e por iso estarás sempre presente en moitos corazóns.

Te puede interesar
Más en Cartas al director