XORNAL ESCOLAR

Lei de todos e todas

20171123231305238_result
photo_camera Manifestación en contra de la separación de Cataluña.

A Constitución Española na aula. Coñece a historia da lei fundamental do noso estado

Nos vindeiros días celebrarase o 39 aniversario de que o pobo Español ratificase por referendo a nosa Carta Magna, a Constitución Española. Dende entonces, cada ano conmemórase oficialmente ese día, o día 6 de decembro. Pero cada ano vemos, como  a nosa Carta Magna que naquel entonces foi todo un éxito que uniu a toda unha nación, hoxe en día vese cada vez máis cuestionada, criticada e con numerosas propostas de reforma.

Como naceu a Constitución?

A Constitución é a lei fundamental dun Estado, cun rango moi superior ás demais leis, que define o réxime dos dereitos e liberdades dos cidadáns e delimita os poderes e institucións da organización política. Como norma xurídica suprema dun Estado de dereito, establece a orixe da soberanía na nación ou no pobo, recoñece os dereitos fundamentais e os mecanismos de participación e representación política, establece a forma de Estado (en canto a organización territorial), a forma de goberno e o sistema político; particularmente ao fixar os límites e controis aos que se someten cada un dos poderes do Estado.

Co finamento do ditador Francisco Franco, o 20 de novembro de 1975, iniciouse o proceso da Transición Española cara a democracia representativa. Dous días despois do seu finamento, Don Juán Carlos I foi proclamado rei de España, o cal fora  designado polo ditador en virtude do estipulado pola Lei de Sucesión na Xefatura de Estado de 1947. En xullo de 1976 prodúcese o cese do Presidente Carlos Arias Navarro tras rexeitar as cortes o seu plan para a reforma política. A posterior reforma presidido por Adolfo Suárez González, designado polo Rei atendendo a lexislación vixente, sería a que conseguiría abrir o período constituínte.

O goberno de Suárez enviou ás Cortes o proxecto de lei para a Reforma Política en outubro de 1976. Dito proxecto de Lei foi aprobado e, posteriormente sometido a  referendo seguindo os requisitos esixidos polas Leis Fundamentais. Esta Lei viña a supor unha notable alteración das leis fundamentais, sen introducir ela mesma un sistema democrático-constitucional, pero posibilitando a creación deste.

Posteriormente, o Real Decreto Lei 20/1977, do 18 de marzo, regulou o procedemento para a elección das Cortes, recollendo o sistema D´Hondt e o financiamento estatal dos distintos partidos políticos. En abril do mesmo ano legalizaríase o Partido Comunista de España. Todo elo permitiu celebrar as eleccións xerais de 1977, as primeiras eleccións libres en España dende febreiro de 1936.

Unha das tarefas prioritarias das Cortes foi a redacción dunha constitución. A Lei para a Reforma Política ofrecía a posibilidade de que a iniciativa da reforma constitucional correspondese ao Goberno ou ao Congreso dos Deputados, escolléndose esta última opción. A Comisión de Asuntos Constitucionais e Liberdades Públicas do Congreso dos Deputados nomeou unha Ponencia de sete deputados, que elaborou un anteproxecto de constitución. Estes sete deputados coñecidos como “os pais da Constitución” foron Gabriel Cisneros (UCD), José Pedro Pérez-Llorca (UCD), Miguel Herrero y Rodríguez de Miñón (UCD), Miquel Roca i Junyent (Pacte Democràtic per Catalunya), Manuel Fraga Iribarne (AP), Gregorio Peces-Barba (PSOE) e Jordi Solé Tura (PSUC). O Proxecto de Constitución, que foi sometido a referendo, foi ratificado o día 6 de decembro de 1978 polo 87´78% dos votantes que representaba o 58´97% do censo electoral, sendo así a única constitución da historia de España que foi referendada e aprobada polo pobo Español mediante referendo.

Permite a Constitución a celebración dun referendo?

O artigo 92 da Constitución establece que as decisión políticas de especial transcendencia poderán ser sometidas a referendo consultivo de todos os cidadáns españois. O referendo debe ser convocado polo Rei, mediante proposta do presidente do Goberno, previamente autorizada polo Congreso. 
Proba da importancia da posibilidade de celebrar un referendo tivo xa dende a redacción da Constitución para o lexislador constituinte, é que o mesmo precepto sinala expresamente que as condicións e o procedemento do referendo deben regularse a través dunha lei orgánica: é dicir, que só as Cortes Xerais poden facelo, como expresión da soberanía nacional, coa esixencia cualificada que ten que aprobarse por maioría absoluta do Congreso.

En España un referendo que non sexa unha mera consulta popular precisa autorización do Estado e este non pode autorizar un referendo cuxo obxectivo sexa a súa ruptura e estea ao marxe do proceso de reforma Constitucional que a Constitución ofrece.

Como se protexe a Constitución daqueles que intentan vulnerala?

España é un país constituído por Comunidades Autónomas, as cales gozan da descentralización dos Poderes para poder así autogobernarse. Pero esta descentralización e autogoberno non implica non seguir os preceptos da Carta Magna.
O artigo 155 da Constitución é o mecanismo co que conta o Goberno do Estado para controlar a actividade das Comunidades Autónomas, contemplando os mecanismos excepcionais que permite que  este interveña cando un territorio actúa deslealmente.
Cando se pode aplicar? Atendendo á redacción do artigo, o Goberno pode aplicar en dúas ocasións este artigo: 
1) Si algunha comunidade non cumpre as obrigas que a Constitución ou outra lei lle impoña; 2) no caso no que algunha Comunidade Autónoma actúe de forma que atente gravemente contra o interese xeral de España.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_0304_nuria_01
De que se fala

Solo lo que suma

xornalescolar_0304_otitis_01
Escola de Familias

¿Qué es la otitis?