Lobios recupera e promociona o patrimonio cultural do Xurés

A sede do Parque e o colegio acolleron conferencias, debates, proxeccións, xogos e música tradicional 

A sede do Parque Natural Baixa Limia-Xurés e o Colexio de Educación Infantil e Primaria de Lobios acolleron onte unha xornada que estivo encamiñada á recuparación e difusión do patrimonio cultural, material e inmaterial, da Reserva da Biosfera Tansfronteriza Geres-Xurés. Esta xornada de portas abertas ten como obxectivo mostrar parte do traballo realizado ao longo dun proxecto de estudio, posta en valor e divulgación do patrimonio cultural da Reserva da Biosfera, que se iniciou no mes de setembro de 2015 e rematará a finais do presente mes de marzo.

A xornada de onte serviu de punto de encontro, debate e diversión arredor do patrimonio local. Comezou cunha mesa redonda, a cargo dos técnicos José Benito Reza e David Pérez, que falaron sobre o patrimonio da Reserva da Biosfera. A continuación, co salón de actos abarrotado, presentouse e proxectouse o documental "Patrimonio habitado", nun acto que estivo presidido pola directora xeral de Conservación da Natureza, Ana María Díaz. A proxección, que provocou moitos momentos de emoción entre os asistentes, foi realizado con entrevistas feitas á poboación local. Xa pola tarde, as instalacións do CEIP do Xurés acolleu un debate sobre traballos comunitarios, un obradoiro de cestería e outro sobre xogos tradicionais, unha merenda con produc- tos locais e a actuación do grupo de música tradicional Kérkennai

Para hoxe domingo, a programación organizou un paseo polo patrimonio de Ganceiros.

Unha vez que rematou a proxección do documental "Patrimonio habitado", que tiña lugar onte pola mañá, a directora de Conservación da Natureza resaltaba que era "un traballo moi bonito e emocionante, que conmoveu a moitos dos asistentes e que nos mostra a necesi- dade de defender e conservar non só as especies e o patrimonio material, senón tamén as tradicións, as lendas, os costumes, para que perduren na memoria colectiva".

REDE GALEGA DE PARQUES

Noutro ámbito, Ana María Díaz sinalou que a Administración galega está a ultimar un deseño organizativo para os seis parques naturais existentes na comunidade galega, tres deles en Ourense -Enciña da Lastra, Invernadoiro e Xurés-. "O obxectivo é constituir unha rede galega de parques naturais que sexan seis focos de atracción de turismo sostible, dotándoos dunha estructura común e aproveitando as sinerxias que poidan xerar", afirmoul. "O obxectivo é convertelos nun elemento de creación de riqueza e emprego para os propie- tarios da zona, para que os veciños os vexan como unha oportunidade e non como un problema", concluíu Ana María Díaz. 

Te puede interesar