CAMPUS DE VIGO

Loita contra os plásticos nos océanos, dende un barco solar

20170426120839812_result
photo_camera Ricardo Beiras e Raimundo Blanco, en Lorient, de onde partiu o barco.

A afección do empresario suízo Marco Simeoni pola navegación levouno a percorrer durante anos os océanos do planeta

A afección do empresario suízo Marco Simeoni pola navegación levouno a percorrer durante anos os océanos do planeta. Nas súas viaxes tomou conciencia do forte impacto que os plásticos teñen na vida acuática, xa que na actualidade entre o 5% e o 10% da produción mundial de plástico termina nos océanos e hai xa un quilo de plástico por cada cinco de peixe. Sensibilizado con este problema decidiu crear a Fundación Race for Water, que traballa a favor da conservación dos océanos fronte á contaminación por plásticos visibles e por microplásticos, pequenas partículas que teñen un forte impacto sobre os ecosistemas mariños. A súa última aposta é unha expedición de cinco anos de duración que percorrerá o mundo dando a coñecer a importancia de conservar os mares e informará sobre os riscos e consecuencias dunha explotación excesiva. Esta singradura farana a bordo dun barco que emprega unicamente a enerxía solar e que partiu a pasada semana de Lorient (Francia) e que a fundación pon a disposición da comunidade científica para realizar estudos. A Universidade de Vigo vaise implicar nesta iniciativa a través do proxecto europeo Ephemare, que coordina o profesor Ricardo Beiras, co obxectivo de avaliar cuantitativa e cientificamente os riscos e consecuencias que os microplásticos teñen sobre os organismos mariños.

Te puede interesar
Más en Universitas