arte et alia

O Maec e María Lezón, de Piernetas á beleza

huipf_result
photo_camera Dous cadros de Maec, "Pierneta sobre Plaza Maior" y "Que os den II".

Antonio Ángel Mariscal Gaitán anda a expoñer no centro Marcos Valcércel unha mostra, Piernetas, inspirada "na peineta"

Antonio Ángel Mariscal Gaitán (El Carpio, Córdoba, 1960) é o 'Maec’, e anda a expoñer no centro Marcos Valcércel unha mostra, Piernetas, inspirada ‘na peineta’, o xesto de levantar o dedo corazón cara outra persoa, acompañado de rostro e voces... o que ben sendo unha impostura, dende a grosería. "Es una forma de representar mi descontento con las lacras que infectan la sociedad, como la corrupción. Necesitamos más honestidad", dixo como xustificación. Mais o asunto non da para máis quedándose na forma. Esta é un fragmento do corpo feminino, dende as coxas ata os pés, as pernas de perfil, unha delas levantada cara atrás, como amosa nun tríptico. A muller, dende a parte polo todo. Inseríndolle un ollo e facendo variacións coas medias de nylon, as súas cores e os fondos Maec xoga coa forma, coa que deu cando facía un debuxo erótico, mais tamén co achádeo plástico da perna, e fai frases, caso de ‘Que Os Den II’, explícita mensaxe. Esta aparece xa en Aristófanes, dramaturgo grego do século V a.C, quen nas Nubes un dos seus personaxes levanta o dedo corazón, como símbolo fálico, dedicado a Sócrates pola súa influencia nos rapaces da ágora ateniense. Este dedo medio ten unha connotación sexual concreta, e así o explicita o poeta Marcial ao sinalar como Sextilio responderalle así a un quidam que lle chamara efeminado. Aquí en Roma era o ‘Digitus impúdicus’, ou ‘infamen’. O artista andaluz, arquitecto de profesión matriz, tense achegado a Nova Iorque, fai uns anos para amosar as súas ideas arquitectónico-urbanísticas na zona cero do Word Trade Center, e levou a súa icona ata Manhattan. Con anterioridade expuxera na Taparía Gaia de Celanova, e na súa estadía por alí pintou as súas prazas e tamén as de Vilanova dos Infantes.


A Beleza, para Lezón


Chéganos de novo coa Galería Visol a obra de María Lezón Fernández-Hontoria, (1971, Madrid), pintora que viñera dende Málaga en 2014, coa súa obra apoiándose na historia dun avó, Ricardo Nóvoa Lezón. Coa exposición que trae quere reivindicar o concepto de Beleza na arte, co argumento de non querer ‘enfocarse en lo conceptual como tema primordial’ pois dese xeito ‘se convierte en elitista y marginal’, xa que logo ‘es menos accesible’. Dende esta discutible apreciación presenta unha obra figurativa e narrativa, na que as rosas xogan un papel cromático determinante. E coas flores vai contando historias persoais, con un enfoque un punto inxenuo dende o mundo da ilustración, e claves persoais simbólicas, que se patentizan nas formas dalgunhas escenas que coloca xuntando pezas de distintos tamaños buscando dende as asimetrías unha suxestión. Un Casarío vasco, a finca con xardín e piscina, e os seus nenos, que aparecen tamén en escenas de interior, o microcosmos dun mundo acomodado no económico, cálida e colorista mostra que expresa paixón dende a rechamante posta en escena para formar ambientes. A influenza do cine, caso de Alfred Hitchcock, a arte de Gentilleschi, e a literatura, como Nabokov, son evasión modelo e inspiración, dunha artista formada en Canadá, con infancia en Getxto, Viscaia. 

Te puede interesar