INTERNET

Cartelle e A Merca contarán con cobertura ultrarrápida de Internet no ano 2020

A medida, enmarcada dentro do Plan da Xunta e do Estado, beneficiará a máis de 2.000 veciños, repartidos en 13 núcleos de ambos municipios.

Os veciños dos concellos de Cartelle e A Merca contarán con coñexión a Internet ultrarrápida no ano 2020. Estas actuacións están enmarcadas dentro do Plan de Banda Larga da Xunta e do Estado. Con elas, un total de 13 núcleos de ambos municipios beneficiaranse de velocidades de acceso a Internet de ata 100Mpbs.

Estas porcentaxes e zonas poderían ampliarse coas convocatorias que o Estado ten pendentes de adxudicar, unha delas, este mesmo ano por valor de 18,5 millóns de euros.

 Así o explicou este venres a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, durante a súa comparecencia na 6º comisión do Parlamento.

Te puede interesar