Opinión

Mañá de níscalos

Como o tempo estaba frío, moi frío, e, para máis aquel, ameazaba chuvia ou incluso neve, a Clodomiro Cloruro Sódico (pobre home!) non lle quedou outra que marchar ós cogomelos. Para pasar a mañá. Así é que puxo unhas boas botas, unha forte cazadora, abriu o maleteiro do coche, colleu a cesta que tiña para as setas, chamou ó can e marchou. Non tardou en coller os primeiros níscalos. Que era ó que ía, pois imaxinaba que os boletus -os poucos que quedasen- xa non valerían moito, xa estarían inservibles pola auga que leva caído estes días. Andou polo lameiro de Inocencio Laretas Sofrito e en tan só un recanto xa case mediou a cesta. De cando en vez, e cando o can pasaba á súa beira, sempre lle facía uns aloumiños e lle daba uns biquiños na testa. Do lameiro de Inocencio pasou, uns metros máis adiante, ó lameiro de Ludivina Fachós Encendida, onde xa, faltaría máis, acabou de encher a banastra. Non seguiu buscando máis níscalos. Para que? Marchou para a casa.

Te puede interesar